Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Costa da Morte

quilmasbanner2.gif

Costa da Morte
Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural Imprimir E-mail
muros2tn.jpg3 de febreiro de 2010. A ampliación da canteira "Costa Grande 2" estenderá o impacto paisaxístico dende Muros-Noia á enseada de Carnota e ría de Corcubión, sendo visíbel mesmo dende Fisterra. Unha das paisaxes máis representativas do país, dominada polo macizo do Pindo, verase irremediabelmente estragada nun ano no que agarda un incremento de visitas á bisbarra polo Xacobeo. Todos os montes entre Muros e Carnota son un excepcional xacemento de petroglifos, a maioría sen catalogar. E a zona está incluida na proposta de ampliación da Rede Natura presentada en 2007 e pendente de aprobación. Sen catálogo de paisaxes protexidas, sen ampliación da Rede Natura e cun patrimonio arqueolóxico descoñecido pola administración, canteiras, parques eólicos e piscifatorías teñen "barra libre". Alegacions CANTEIRA MUROS.pdf Alegacións CANTEIRA (31 KB)
 
A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico Imprimir E-mail
Lobo morto en DumbríaCompostela, 10 de novembro de 2009. O parque eólico do Alto da Croa, concello de Vimianzo, promovido por Gamesa Enerxía, S.A. coincide coa área de cría da única poboación estábel de lobo ibérico (Canis lupus signatus) en toda a franxa litoral do país. Dada a situación xeral do cánido, e como sinala o Plano de Xestión elaborado na etapa do bipartito, todas as actuacións que poidan causar un efecto negativo sobre a especie deberían contar cun estudo de impacto que analice as repercusións con rigor e meticulosidade, a fin de evitar danos irreversíbeis para a especie. No entanto, o EIA só fai unha vaga referenza ao lobo, sen achegar ningunha medida protectora ou correctora. Baixa as Alegacions EOLICOS VIMIANZO.pdf ALEGACIÓNS (133 KB) de ADEGA a este proxecto. Quen seremos nós sen o lobo?
 
A Costa da Morte, de saldo: piscifatorías, parques eólicos, Parador e agora, liña de alta tensión Imprimir E-mail
Compostela, 25 de xuño de 2009.  O ambiente da Costa da Morte está de saldo: piscifatorías, parques eólicos en primeira liña de costa, Parador na Rede Natura e agora, a liña de alta tensión (LAT) Muxía-Vimianzo. ADEGA ven de presentar novas alegacións á liña de alta tensión Muxía-Vimianzo, outro proxecto de alto impacto para unha zona xa amenazada polas piscifatorías de Merexo e Touriñán, o Parador previsto para a Rede Natura e os parques eólicos Muxía I e II. E por se alguén protesta, non hai que preocuparse: a declaración de utilidade pública, que a administración concede como churros, aplanará o camiño permitindo expropiar as terras dos que non queiran venderllas ás empresas privadas. E todo en aras do "interese público", mais... de quen? Baixa as Alegacions LAT VM-MX.pdf Alegacións LAT MUXÍA-VIMIANZO (93 KB)
 
Parabéns ao SEPRONA pola detención de dous furtivos en Dumbría Imprimir E-mail
Lobo morto en Silleda (febreiro de 2008)Dumbría, maio de 2009. ADEGA quere transmitir os seus parabéns ao SEPRONA polas dilixencias que levaron á detención de dous trampeiros que tiñan colocado lazos de aceiro nos montes de Dumbría. Somos conscientes das dificultades que comporta conseguir probas concluíntes destes delictos, polo que a colaboración dos técnicos de medio ambiente, veciñanza e efectivos do SEPRONA resulta chave para conseguir erradicar estas lamentábeis prácticas. Compre lembrar que a caza furtiva (xa sexan lazos, disparos ou veleno) é unha das principais causas da extinción das especies, e a principal ameaza para o lobo en Galiza xunto coa redución dos seus hábitats.

ADEGA ao Sr. Negreira (PP): as razóns para rexeitar a piscifatoría de Touriñán non admiten dúbida Imprimir E-mail
Compostela, 5 de marzo de 2009. O nefasto Plano Acuícola do bipartito, refritido daqueloutro “Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria” aprobado in extremis polo governo Fraga, incluía un estudo de viabilidade da planta de Touriñán. Esta ubicación declarouse NON APTA pola critica afección á Rede Natura, o impacto paisaxístico e o rexeitamento de amplos sectores sociais e cidadás. O proxecto supoñía a destrución duns 100.000 m2 de hábitats cuxa conservación está considerada prioritaria pola Directiva Hábitats 92/43. Non caben interpretacións da norma (art. 6): para ocupar este espazo só cabería alegar "consideracións relacionadas coa saúde e a seguridade pública, de primordial importancia para o ambiente, ou razóns imperiosas de interese público de primeira orde". Mira a opinión do Director de Relacións Internacionais de Pesca da CE.
 
Retorno á caverna ambiental: volven a piscifatoría de Touriñán e o viaduto de Noia Imprimir E-mail
marchatourinhan.jpg4 de marzo de 2009. O PP recupera dous dos proxectos máis insustentábeis e agresivos co litoral. Os recentes anuncios de “resucitar” a piscifatoría de Touriñán e o viaduto sobre a ría de Noia, rexeitados no seu momento polo alto impacto ambiental, supoñen dous graves atentados contra o patrimonio natural de TODA a cidadanía e unha volta atrás no camiño da sustentabilidade. De levarse a cabo o proxecto de Touriñán, será curioso ver como o PP e Pescanova explican por que non se afasta 500 metros do mar como aconteceu coa de Mira (Portugal). Que diferencia á Rede Natura portuguesa (dunas de Mira) da Rede Natura galega (Costa da Morte-Touriñán)?
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 48
designed by www.madeyourweb.com
Adega