Dende principios deste mes de abril xa está operativa a nova versión da web de ADEGA baseada na plataforma Joomla de código aberto. Podedes consultala na ligazón que aparece na parte superior da coluna dereita.
INFORMACIÓN PARA PEDIR E INSTALAR UN DETECTOR QUE MIDA O GAS RADÓN DA TÚA VIVENDA
Dado o éxito que está a ter a campaña de reparto de detectores de gas radón en Galiza impulsada pola USC, na que colabora ADEGA, a continuación sinalamos algunha información que pode resultarvos útil se estades interesados/as en adquirir gratuitamente un medidor. Tede en conta que as localizacións as decide a USC, coordenadora do proxecto, e que xa hai cuadrículas con detectores instalados, polo que é posíbel que a vosa zona esté cuberta.
1. Os medidores de gas radon só se ceden gratuitamente para vivendas situadas en baixos, entrecháns ou primeiros andares. E ademais teñen que ser vivendas nas que se pernocte diariamente.
2. O medidor deberá permanecer colocado durante 6 meses nunha mesiña de noite dun mesmo dormitorio. Non se pode mudar de lugar.
3. Ao cabo dos seis meses, o participante deberá enviar por sobre prefranqueado (de balde) o detector ao laboratorio de Radón, xunto coa Ficha RADÓN (0,3 MB) correctamente cuberta (vai apegada).
4. O/A participante deberá comprometerse a seguir estritamente as Instrucións do DETECTOR (47 KB) para a correcta colocoación e uso do aparello, e cumprir co axeitado tempo de exposición.
5. Por último, para poder participar na campaña é preferible solicitar o medidor de gas radón antes da segunda semana de abril. Poderase facer a través dos seguintes emails:
-Para Lugo e provincia de Lugo:
(coordinadora do estudo en Lugo). Tamén se pode retirar gratuitamente nas dependencias da delegación de ADEGA-Lugo, sita en Av. Fontiñas 180 Ent. (Lugo). Tamén podedes chamar ao 606978354 ou 982240299.
-Para as provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense:
(coordinador do estudo en Galiza). Tamén se pode chamar ao 981950095 ou 981955094.
En todos os casos, prégase indicar no mail: os seguintes datos: nome, localización da vivenda (piso, rúa, lugar, poboación, parroquia, vila, cidade...) e o motivo polo cal solicita o medidor.
23 de marzo de 2010. A Xunta persiste nos erros e infla de novo a burbulla inmobiliaria a base de chan rústico, máis desprotección e discrecionalidade. O texto incrementa as oportunidades para a especulación, desta volta nos núcleos rurais e o chan rústico, dá maior cobertura ás ilegalidades urbanísticas, bendicindo escandalosas aberracións como as urbanizacións de Barreiros, reduce ao mínimo o control autonómico, delegando nos concellos, asalta os montes en man común e convirte a Rede Natura en chan barato ao servizo dos intereses privados. Con esta modificación, a Xunta repite os erros que nos levaron á actual crise e prepara un dos maiores atentados á integridade ambiental e territorial dos últimos decenios.
As Pontes 12.3.2010. Mina de andalucita en As Pontes, o proxecto segue adiante. Pese as alegacións de colectivos ecologistas(ADEGA, SGHN, FEG), e pese a mellorar o proxecto inicial no que parte do proxecto introduciase no parque natural das fragas do Eume, o novo proxecto recortado, tivo declaración de impacto ambiental favorable pola Xunta de Galiza. Estamos pendentes de eventuais novas actuacións. Información adicional: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/03/12/0003_8350330.htm?idioma=galego