Menu Content/Inhalt
INICIO. Millor con FIREFOX
O uso masivo e indiscriminado de herbicidas na AG-53, contamina as augas e degrada a biodiversidade PDF Imprimir E-mail
herbsl1.jpg24 de xullo de 2008. ADEGA vén de denunciar outro caso de emprego masivo de herbicidas para o rozado das vías de comunicación. Desta volta trátase da AG-53, a autoestrada Santiago-Ourense, de titularidade autonómica. Nesta vía, aplicáronse masivamente herbicidas para "limpar" de mato as cunetas e pasos mesmo chegando a carón do río de Santa Lucía, nos concellos de Compostela, Teo e Vedra. Como se observa nas fotografías, a vexetación aparece seca (co conseguinte risco de lumes) e o efecto dos herbicidas chega ao río, traspasando os químicos ao ecosistema. A flora de ribeira foi arrasada e curiosamente só sobreviviron algunhas matas de herba da Pampa (Cortaderia selloana), unha especie invasora moi difícil de erradicar.
 
ADEGA denuncia a falla de obxectividade das axudas de Medio Ambiente e reclama a súa modificación PDF Imprimir E-mail
subma.jpg21 de xullo de 2008. A convocatoria das axudas a entidades ambientalistas de 2008 é un exemplo de manexo caprichoso e pouco transparente dos cartos públicos. Para empezar, a orde non pasou polo Consello Galego de Medio Ambiente (COGAMADS), deixando unha vez máis de lado este órgano consultivo no que están representadas a maioría das entidades ambientalistas galegas. A orde tampouco foi exposta nin debatida no Observatorio Galego de Educación Ambiental (OGEA) malia a adicar recursos a actividades e iniciativas relacionadas coa Educación Ambiental. Mais o verdadeiramente grave é que as bases e os baremos de concesión son extremadamente subxectivos e faltos de criterios que permitan garantir unha distribución xusta e transparente e un control axeitado dos fondos públicos. Comparativa SUBVENCIONS MA 07-08.pdf Comparativa SUBVENCIÓNS MA 07-08 (33.KB)
 
Lago de As Pontes: unha bomba de tempo PDF Imprimir E-mail
tsunami.jpg18 de xullo de 2008. Aos poucos van chegando novas sobre o progresivo enchido con auga do oco da explotación de As Pontes. Nestes intres, ENDESA está levando a antiga mina á situación do Oligoceno (fai 20 millóns de anos) cando era un imenso lago natural. Só que hoxe sabemos algo máis do tema que no Oligoceno. A bacía de As Pontes sitúase sobre unha zona sísmicamente activa. E a auga inxectada a presión no plano de falla durante un eventual sismo, o seu papel lubricante e a falta de resistencia ao empuxe da masa rochosa desprazada, permiten prognosticar o que ocorrería cun sismo de intensidade 6 (ou aínda maior): un TSUNAMI LOCAL. Nesas circunstancias, paga a pena que a cidadanía corra un risco que pode chegar en calquera intre ao rematar o enchido da lagoa? Un artigo de X. R. Vidal Romaní
 
ADEGA pide investigar as práticas de Endesa no encoro do Eume e a súa relación coa acidez do río PDF Imprimir E-mail
medicions.jpg17 de xullo de 2008. A explicación de Medio Ambiente sobre a morte de peixes no Eume, responsabilizando á autovía Ferrol-Vilalba, non convencen a ADEGA nin aos pescadores. Certo que as augas ácidas da autovía chegan ao Eume polo do Chamoselo, pero a mortandade prodúxose 34 kilómetros río abaixo. A Consellaría non soubo ou non quixo considerar o outro pico de acidez no Eume á saída do encoro da Capela, a só 10 kilómetros do couto de Ombre, lugar do desastre. Este foco podería ter orixe na presunta limpeza dos fondos do encoro que explota Endesa. ADEGA e os colectivos de pescadores queremos saber se Augas de Galiza autorizou o valeirado de lamas no encoro e que investigue as práticas de Endesa na presa da Capela.
 
Costa Anácara: remata un delirio e comeza un pesadelo PDF Imprimir E-mail
anacara.jpg16 de xullo de 2008. Esta macrourbanización de Martinsa-Fadesa no concello de Miño con 1300 vivendas + campo de golf + hotel, reflicte perfectamente as consecuencias do irracional modelo de desenvolvemento urbanístico "piramidal" dos últimos anos. Aos seus graves impactos ambientais, paisaxísticos e patrimoniais, hai que engadir os efectos socioeconómicos derivados da perda de empregos e da incertidume dos propietarios. O estourido da "burbulla inmobiliaria" debería provocar a reflexión sobre as políticas de ordenación territorial nas que o "todo vale" era a divisa, mais tamén sobre as implicacións políticas e administrativas. Como foi posíbel que isto acontecera? Cantos concellos teñen o ladrillo como base dos seus orzamentos? E por que non se proibíu a figura do alcalde-promotor?
 
Xornada de debate sobre a planificación eólica en Galiza PDF Imprimir E-mail
ener.jpgEste venres día 18 de xullo ADEGA convoca unha xornada de traballo e debate sobre a PLANIFICACIÓN EÓLICA en Galiza. Será a partir das 18h na sé de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas 180, entrechán, Lugo). Nesta xuntanza trataremos de abordar distintos aspeitos (marco legal, afeccións ambientais, impacto socioeconómico...) do desenvolvemento eólico así como da planificación enerxética no país. Trátase dunha convocatoria aberta a socios/as de ADEGA e persoas interesadas no tema, na que contaremos coa presenza de técnicos/as e expertos na avaliación de impactos das instalacións eólicas. Podes descargar os seguintes documentos como material complementar da xornada: Alegacions PLANO EOLICO.doc Alegacións PLANO EÓLICO (123 KB) ; Alegacions PLANO ENERXETICO.doc Alegacións PLANO ENERXÉTICO (131.5 KB)
 
ADEGA denunciará ante a Fiscalía de Medio Ambiente o desastre ecolóxico do Eume PDF Imprimir E-mail
baciaeume.jpg 12 de xullo de 2008. Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o presunto responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.
 
Novo atentado contra hábitats e especies en perigo de extinción PDF Imprimir E-mail
salceda1.jpg11 de xullo de 2008. Novamente temos que denunciar outra desfeita ambiental, desta volta na charca/barreira de Cerquido (O Porriño) veciña ás Gándaras de Budiño, LIC da Rede Natura. Neste contorno, hábitat de especies en perigo de extinción coma o sapoconcho (Emys orbicularis) ou o charneco (Anas crecca), e outras amezadas coma a anduriña das barreiras (Riparia riparia) alén dunha importante poboación de anfibios, realizáronse labores de drenaxe e desmonte. Apesar dos avisos da AHE (Asociación Herpetolóxica Española) xa dende 2007, a administración non foi quen de parar as obras e sancionar ao infractor. Se ocorre isto con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción, que teñen a máis alta protección legal, apañado@s estamos! Baixa o Informe CHARCA CERQUIDO.pdf Informe  (372 KB) da desfeita (grazas César Ayres, AHE)
 
O desprezo de IBERDROLA polo patrimonio natural galego e as mentiras da Ministra PDF Imprimir E-mail
ibertrola.jpg9 de xullo de 2008. Na súa visita a Ourense o pasado 3 de xullo, a Ministra de M. A. Elena Espinosa afirmou que NON asinara aproveitamento hidroeléctrico ningún no Sil. Días despois o proxecto de Santo Estevo II denunciado por ADEGA foi confirmado polos responsábeis de Iberdrola en Galiza, e finalmente este 8 de xullo saíu publicada a súa aprobación no BOE, asinado pola desmemoriada Ministra con data 23 de maio! Deste xeito, fica demonstrado por escrito que a Sra. Espinosa mentíu e que as súas declaracións só pretendían sementar a confusión. Alén disto, os responsábeis de Iberdrola afirmaron tamén que van seguir adiante coa outra central de bombeo, a de Parada do Sil. ciberaccion.gif CONTRA IBERDROLA!
 
Plano Director de Portos Deportivos: Galiza D´Or, que guai! PDF Imprimir E-mail
8 de xullo de 2008. ADEGA vén de apresentar alegacións ao Plano Director de Instalacións Náutico-Deportivas, documento co que Portos de Galiza pretende aumentar nun 300% os amarres en 12 anos. Ao igual que co Plano Acuícola, preténdese apostar por un modelo de desenvolvemento insustentábel, agora turístico, baseado en solucions importadas que poden poñer en risco os valores naturais da costa e os aproveitamentos produtivos tradicionais. Onde está o Plano de Ordenación do Litoral, para ordenar todas as actuacións na costa, denantes de que portos deportivos, piscifatorías, e eólicos non deixen sitio a unha planificación racional?. Baixa as Alegacions PORTOS DEPORTIVOS.pdf Alegacións PORTOS (76 KB)
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 494
Advertisement
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Que opinas do traslado de ENCE da ría de Pontevedra?
  

Sindicación

designed by www.madeyourweb.com
Adega