Menu Content/Inhalt
INICIO
ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" PDF Imprimir E-mail
compostarede.jpgEste 5 de marzo tivo lugar en Rivas-Vaciamadrid a asemblea da "Red de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario", COMPOSTA EN RED. Trátase dunha coordenadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. Xurde para dar pulo e fomentar a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o seu importante papel na redución dos residuos orgánicos. Nos últimos anos proliferaron numerosas experiencias locais que están a  contribuir á redución en orixe dos residuos orgánicos e xerar un compost de calidade que a cidadanía aproveita directamente.
 
A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras PDF Imprimir E-mail
expolobolugo.jpgDo 12 ao 25 de marzo na sala Caixanova (Praza do Príncipe s/n) do Barco de Valdeorras. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este venres 12 chega ao Barco a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica LOBO-O BARCO.pdf Ficha técnica EXPOLOBO (65 KB)
 
Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional PDF Imprimir E-mail
cesteando_20.jpgSábado 6 de marzo de 2010, Eira da Xoana (Ramil). Por fin este pasado sábado o tempo acompañounos na Eira da Xoana e puidemos realizar a primeira aproximación á cestería. Foi entón posible deixar a tarde do venres seis mollos de bimbios no río, para que colleran a sazón coa auga e estiveran máis flexíbeis. Poidemos logo preparar unha exposición de ferramentas de cestería e unha boa colección de cestos e elementos elaborados coas mesmas técnicas de tecido. Xerras, sombreiros, coroza, cestos ornamentais, cesto culeiro, cesta da asa, etc. Os obxectos tiñan a súa orixe tanto en diversos lugares do noso país como en outros puntos do mundo.
 
RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán PDF Imprimir E-mail
ros_queixa_2010_10.jpgRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social. A temática escollida para os itineraios neste ano son os ríos de montaña. O noso país acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun alto valor ecolóxico. Dende o Proxecto Ríos, queremos achegarnos a este singular patrimonio para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos. Nesta edición realizaranse dous roteiros de fin de semana, visitando no mes de marzo o Macizo Central ourensán e en setembro Trevinca.
 
"Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario PDF Imprimir E-mail
paseododro.jpg5 de marzo de 2010. ADEGA vén de alegar a outro proxecto de Costas nun espazo protexido. Nas brañas de Dodro, no LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza, o estado pretende construir unha praia fluvial con paseos pavimentados, aparcadoiros e demáis mobiliario urbano, todo isto camuflado como "actuacións medioambientais". Máis de 2 millóns de € dos cais, para a conservación dos hábitats e as especies en perigo de extinción presentes na área adícanse... CERO. É outro exemplo máis do desbaldimento de cartos en proxectos agresivos promovidos polo Ministerio de Medio e Medio na costa, como a "rexeneración" das praias de Corcubión e Riazor-Orzán, ou a rocambolesca "millora ambiental" de Doniños. Consulta as nosas  Alegacions COSTAS DODRO.pdf Alegacións COSTAS-DODRO (170 KB)
 
Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos PDF Imprimir E-mail
monsterpotato.jpg4 de marzo de 2010. A Comisión Europea vén de autorizar, logo de 12 anos de "moratoria" o cultivo dunha pataca transxénica e 3 variedades de millo. O novo monstruiño da BASF, The Chemical Company, a "Amflora", está manipulada para producir máis almidón e contén xenes que confiren resistenza a antibióticos. A Amflora empregarase na industria do papel e biocombustíbeis, mais BASF non descarta o seu uso en pensos animais. Deste xeito, os xenes manipulados da pataca chegarán até nós pola vía da carne animal, mediante a hibridación coas patacas traicionais e a contaminación dos alimentos, permitida pola CE até un máximo do 0,9% (por ingrediente) sen necesidade de que apareza na etiqueta. Bo proveito!
 
A Xunta persiste no erro de SOGAMA; mais a quen beneficia a incineración dos residuos? PDF Imprimir E-mail
lamas.jpg2 de marzo de 2010. Atendendo ás recentes declaracións perpetradas polo presidente de SOGAMA, Sr. Lamas, confírmanse as peores previsións: a incineración seguirá a ser o piar fundamental do novo Plano de Residuos Urbanos, e a Xunta duplicará o erro histórico que convertíu a SOGAMA nun inmenso “buraco negro” contaminante e devorador de inxentes cantidades de cartos públicos. As demagóxicas palabras do Sr. Lamas, máis propias dun "bombeiro pirómano" que dun responsábel público, evidencian alén da súa ignorancia unha irracional fuxida cara adiante na xestión dos RSUs, ignorando as directivas europeas e colidindo coa lei estatal de residuos. Tanto ten, se o que cómpre é aumentar a débeda dos concellos con SOGAMA e engordar as contas de GN-Unión Fenosa, que verá duplicado o seu negocio cunha nova incineradora no sur de Galiza.
 
Obradoiro de cestería na Eira da Xoana PDF Imprimir E-mail
cesteiros2.gifEste sábado 6 de marzo, voltaremos a Eira da Xoana para realizar un obradoiro de cestería. Neste segundo curso faremos un percorrido virtual pola xeografía galega descubrindo diferentes técnicas para a elaboración de cestos e demáis obxetos artesanais fabricados con todo tipo de materiais, dende castiñeiros, salgueiros, vimbieiros até silveiras. Poñerémonos mans a obra preparando estes materiais para logo posteriormente deseñar e elaborar o noso propio cesto. Descarrega o cartaz cesteria.pdf Curso CESTERÍA (2.7 MB)
 
Aneis de plástico en praias e ríos: poluir para limpar? PDF Imprimir E-mail
26 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas, milleiros de pezas de plástico apareceron aboiando en ríos e praias. O fenómeno repítese periódicamente por toda a costa galega e cantábrica, formando parte xa da variada "fauna" dos restos de marea. A orixe destas misteriosas pezas non é outra que as instalacións de depuración de augas dos concellos e industrias. A súa función é a de rebaixar a carga orgánica e o nível de nitratos das augas residuais pola actuación dos enzimas e bacterias que levan incorporadas (tratamento biolóxico). Dase pois o paradoxo de que para tratar as verteduras polúense ríos e mares con estas pezas plásticas que tardan ducias de anos en degradarse e que ao ser inxeridas por peixes, mamíferos ou tartarugas mariñas poden causar graves danos.
 
Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos PDF Imprimir E-mail
cloep.jpg25 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica enxurrada de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o "furgón de cola" dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira "Cloe" no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 782
Advertisement
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Como afectará ao ambiente o cambio de goberno na Xunta?
  

Sindicación

Coa axuda de:
deplugo.jpg
designed by www.madeyourweb.com
Adega